O presidente da Audiencia da Coruña, sobre a amnistía: "Emprende unha pendente moi perigosa"

Ignacio Picatoste pertence á Asociación Profesional da Maxistratura, que emitiu un comunicado contra a lei de amnistía por considerala "o principio do fin da democracia"

G24.gal 02/11/2023 15:02

Ignacio Picatoste pertence á Asociación Profesional da Maxistratura, que emitiu un comunicado contra a lei de amnistía por considerala "o principio do fin da democracia". O presidente da Audiencia Provincial da Coruña advirte de que con esta medida "pódese emprender unha pendente moi perigosa dende o punto de vista da separación de poderes e da seguridade normativa. Penso que sen unha explicación suficiente ou xuridicamente válida emprenden unha vía que non está prevista na Constitución".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade