O Obradoiro renova a Rigoberto Mendoza por dúas temporadas

Raúl López: "É un gran profesional e unha mellor persoa. Ese é o tipo de xogador que necesita este club"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 29/11/2023 11:42 Última actualización 29/11/2023 12:25

O Monbus Obradoiro e Rigoberto Mendoza chegaron a un acordo para prorrogar a vinculación que o xogador dominicano tiña co club. Desta maneira, e pese que aínda non volveu a xogar desde a lesión que sufriu en Turquía, o Consello de Administración da entidade considerou que o aleiro exhibiu os valores necesarios para continuar vestindo a camiseta obradoirista ata 2026.

O xogador, de 31 anos, chegou a Santiago de Compostela tras xogar o Mundial coa República Dominicana. A pesar de sufrir unha lesión no seu segundo partido oficial, demostrou contar co ADN e o espírito de loita que caracteriza ao club.

Iso motivou a decisión do Consello de Administración, que decidiu renovar a Mendoza por outras dúas tempadas.

O presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, mostrou a súa satisfacción polo rápido entendemento para prolongar a vinculación doxogador dominicano:

“O Consello de Administración en pleno está encantado de renovarlle. É un gran profesional e unha mellor persoa. Ese é o tipo de xogador que necesita este club. Desde o momento en que se lesionou, sufrimos a súa ausencia deportiva. Confiamos moito en que, cando volva, sexa un Rigoberto mellor. Para nós é unha gran fichaxe”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos