O Obradoiro ficha a Oleksandr Kovliar para suplir a baixa de Washington
O Obradoiro ficha a Oleksandr Kovliar para suplir a baixa de Washington
Con 21 anos e 191 centímetros, o xogador ucraíno comparte internacionalidade con Artem Pustovyi
Esta mañá xa estivo no adestramento
O base ucraíno Oleksandr Kovliar será o substituto do estadounidense Eric Washington no equipo do Monbus Obradoiro, segundo informou este venres o club galego, co que asinou un contrato ata final de tempada.
Internacional co seu país, Kovliar chega ao conxunto galego procedente do Kalev/Cramo de Estonia, co que disputou a liga de Estonia-Letonia e a FIBA Europe Cup.
“É un xogador novo e en continua progresión. Posúe unha notable personalidade, bo físico e boas pernas. Ten capacidade para anotar, xa que no un para un ten moita rapidez”, destacou o director deportivo do Obradoiro, Eduardo Pascual.
Oleksandr Kovliar, de 21 anos e 191 centímetros, reencontrarase no conxunto santiagués co seu compatriota Artem Pustovyi, co que xa compartiu vestiario na selección absoluta de Ucraína. Moncho Fernández recoñece que falou con Pustovyi para ter máis referencias sobre a nova fichaxe a nivel de xogo e persoal.
O corpo técnico está centrado en que Kovliar poida ter una rápida adaptación para incoporarse ao equipo.
"Hai que velo dentro do colectivo, a súa capacidade de adaptación ao noso estilo, ao xogo e a liga. Non é doado cando eres xoven, sales de casa e estas só" comentou o adestrador, Moncho Fernández.
Esta mañá xa estivo no adestramento e viaxará a Manresa para comezar a aclimtarse ao resto do grupo.