O derrubamento de Siemens Energy compromete más de 5.000 empregos en España

Siemens Energy tivo que pedir avais estatais para a obtención de novos préstamos

As dificultades atravesadas pola enerxética alemá son paralelas ás da entidade en España

 

G24.gal 26/10/2023 22:09

Os temores sobre a situación dos 5.000 traballadores de Siemens Gamesa en España acrecentáronse este xoves despois de que a súa matriz, a alemá Siemens Energy, recoñecese que se está vendo obrigada a negociar co Goberno dese país avais que lle permitan endebedarse.

As dificultades atravesadas pola enerxética alemá son paralelas ás da entidade en España, que prevé anunciar o próximo 15 de novembro unhas perdas de 4.500 millóns de euros e pedir a implicación do Goberno español.

Precisamente, o sindicato UXT, tras unha reunión co Ministerio de Industria, defende que o executivo actúe, xa que "Siemens Gamesa é unha empresa estratéxica para a transición enerxética en España e en Europa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar