O Deportivo forza a prórroga no 90 e consegue superar o Covadonga (1-3)

Pablo Vázquez marcou cun gran disparo desde a frontal no último minuto 

Lucas Pérez (116') e Mella (118') evitaron a quenda de penaltis

G24.gal 01/11/2023 19:41

O Deportivo gañou con moito sufrimento diante do Covadonga da 2ª RFEF (1-3) logo de forzar a prórroga no último intre e de marcar os goles da vitoria contra o final cando xa se achegaban os penaltis. 

Foi unha reacción tardía porque o Deportivo non raiou á altura da competición durante moitos minutos. Adiantouse o Covadonga á media hora grazas a un remate de Nino, en fóra de xogo. 

No segundo tempo arriscou un pouco máis o equipo de Idiakez pero custoulle moito xerar ocasións de perigo. Tivo que ser o central Pablo Vázquez o que conseguise forzar a prórroga cun disparo que entrou pola escuadra no minuto 90. 

O Covadonga estaba moi canso e o Deportivo buscou o gol no tempo suplementario para evitar a quenda de penaltis. Non había maneira de superar a Buru ata que no 116 Lucas Pérez marcou resolvendo un man a man. Cos asturianos afundidos, Mella anotou o terceiro no 118 e certificou o pase do cadro deportivista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar