Cargando resultados...
O Concello de Madrid rexeita os pactos entre o PSOE e os partidos independentistas
O Concello de Madrid rexeita os pactos entre o PSOE e os partidos independentistas
Martínez-Almeida di que Pedro Sánchez é unha ameaza para a democracia
Pleno extraordinario do Concello de Madrid
G24.gal
17/11/2023 14:32
A amnistía centrou o debate nun pleno extraordinario que se celebrou esta mañá no Concello de Madrid. Cos votos a favor do PP e de Vox saíu adiante unha proposición en rexeitamento dos pactos alcanzados entre o PSOE e os grupos independentistas. O PSOE e Más Madrid votaron en contra.
O alcalde, José Luis Martínez-Almeida di que Pedro Sánchez traizoou a Constitución e o Estado de dereito:
"Pedro Sánchez non ganou a presidencia. Alugoulla aos supremacismo independentista. É a maior ameaza contra a nosa democracia. Vostedes non teñen un horizonte de goberno, o que teñen é un precipicio".