O Cangas perde co Puerto Sagunto e cae a postos de descenso (34-26)

Non tivo opcións diante dun rival directo que só gañara un partido ata o de agora

G24.gal 19/11/2023 11:07

O Cangas Frigoríficos do Morrazo caeu con claridade diante dun rival directo pola permanencia na Asobal. O Puerto Sagunto, que só gañara un partido ata o de agora, impúxose por un claro 34-26 e sae duns postos de descenso nos que caen os galegos. 

Os locais saíron con moita enerxía e, mediado o primeiro tempo, colleitaron unha vantaxe de seis goles (12-6). Esa diferenza, por riba dos cinco goles, mantívose durante moitos minutos. O Cangas buscou a reacción no segundo tempo e achegouse ata os tres tantos grazas ao traballo goleador de Jenilson Monteiro e Brais González (20-17). 

De aí non pasou a reacción e o Puerto Sagunto sentenciou cun 7-2 (30-22) e unha marxe final que, mesmo deixa moi complicado recuperar a diferenza de goles para o partido de volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar