O Boiro agarda "meter no forno" o Mallorca

O equipo do Barbanza afronta unha xornada histórica recibindo en Barraña a un cadro de Primeira División

G24.gal 31/10/2023 15:11

Este é Emilio Carril Moure. Profesión, panadeiro de 30 anos. Forneiro en Compostela e futbolista no Boiro na sexta categoría do fútbol. Emilio marcou hai unhas semanas o histórico gol que clasificou o club do Barbanza para xogar na Copa do Rei contra un equipo da Primeira División, o Mallorca.

Vivirá Boiro un día especial, comparable quizais a aquel ascenso á desaparecida Segunda B hai 7 anos. Estas son as pequenas historias que se amasan nas primeira eliminatorias da Copa do Rei, futbolistas que terán que pedir o día libre no seu traballo para poder xogar nunha competición na que os clubs pequenos teñen fame por papar rivais moi apetitosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade