O Arenteiro golea o Unionistas, rival directo, e afástase do descenso
O Arenteiro golea o Unionistas, rival directo, e afástase do descenso
Os de Javi Rey venceron 4-0 con goles de Miku, Álvaro Ramón, Manín e Esquerdo
Terceira vitoria do Arenteiro no Espiñedo onde sumou dez dos doce puntos puntos que leva. E fíxoo superando o Unionistas de principio a fin. Cunha saída abraiante que lle permitiu adiantarse no minuto tres por medio de Miku. Terceiro tanto do dianteiro na Liga.
Con vantaxe no marcador, o Arenteiro cedeu terreo e buscou as contras dándolle a iniciativa os salmantinos que puideron igualar o encontro antes do descanso.
Pero trala reanudación, o Arenteiro xa non deu opción e pasoulle por riba a Unionistas.
Os dez minutos do segundo tempo, logo dunha gran xogada de Luis Chacón, o que marca é Álvaro Ramón.
E dez máis tarde, os de Javi Rey sacan unha magnífica contra que culmina Javi Moreno co seu primeiro gol da temporada.
O Arenteiro quería máis e a un cuarto de hora do final chegou o cuarto tanto nun córner que resolve Esquerdo no catro a cero.
A goleada incluso puido aumentar as diferenzas neste disparo de Iván Ramos que se estrela no traveseiro.
Con estes catro tantos, os do Carballiño igualan co Real Unión a once tantos, como máximos goleadores do grupo I da Primeira federación.