Publicador de contidos

Publicador de contidos

Swedberg inicia a semana adestrándose co grupo, pero non ten a alta médica

Swedberg inicia a semana adestrándose co grupo, pero non ten a alta médica

Carlos Domínguez e Hugo Álvarez seguiron á marxe na volta ao traballo do Celta 

Foto Celta
G24.gal 18/11/2025 17:36 Última actualización 18/11/2025 17:51

O primeiro cadro de xogadores do Celta volveu ao traballo despois de gozar de tres días de descanso e, na primeira sesión da semana, Williot Swedberg adestrouse co grupo, o que convida a pensar que, un mes despois, podería recibir a alta e estar dispoñible para o partido do sábado ante o Alavés na capital vasca.

Hugo Álvarez e Carlos Domínguez, pola súa banda, exercitáronse á marxe do grupo. Williot sufriu o pasado 14 de outubro unha escordadura no nocello esquerdo e, desde entón, perdeu todos os partidos disputados ata a parada de novembro.

O xogador non foi coa súa selección -Suecia sub-21- nesta ocasión, senón que quedou en Vigo ultimando a recuperación, e unha vez que está na dinámica de grupo, a incógnita é se recibirá a alta antes de viaxar a Vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos