Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro volve perder en Lezama (2-1) e cae á última praza da 1ª RFEF

O Arenteiro volve perder en Lezama (2-1) e cae á última praza da 1ª RFEF

O equipo do Carballiño encadea nove partidos sen gañar

Foto: @AthleticClub
G24.gal 16/11/2025 20:57

O Arenteiro comezaba o partido no último posto, e o Athletic B tivo a primeira ocasión, cun remate moi cruzado de Eder García. Pero os galegos asentáronse, e gozaron dun par de boas accións. Primeiro cun remate de Lluis Llácer, e despois nunha boa xogada de Mingo aproveitando un roubo. Sacoulla o porteiro Mikel Santos.

Pero aos 23 minutos, o filial do Athletic aproveitaba un balón dividido. Conde meteu o corpo e cruzou o balón para establecer o un a cero. O árbitro non viu falta na acción.

A última desta primeira metade foi tamén para o Arenteiro, pero Mingo non foi quen de marcar logo dunha asistencia co calcaño de Julen Jon.

Na segunda metade, o Arenteiro estivo a piques de acadar o premio do empate nunha falta lateral, que case sorprende a Mikel Santos. Pero o Athletic B volveu castigar aos ourensáns, co segundo gol, que marcaba Ibon Sánchez. Foi nunha acción desafortunada, en que o balón botaba no calcaño de Jordan, e deixaba a media saída a Diego García.

Faltaban 20 minutos e a derrota condenaba ao conxunto galego a rematar a xornada no último posto. Así que botouse arriba á busca de acurtar diferenzas. E conseguyiuno, nun remate de Brais Val que desviou Martín Ochoa. Pero os galegos non puideron culminar a remonta. Acumulan xa nove partidos sen gañar, e suman tres derrotas consecutivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade