Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escobar tira proveito dun erro do porteiro do Zamora para que o Rácing logre o triunfo

Escobar tira proveito dun erro do porteiro do Zamora para que o Rácing logre o triunfo

O cadro departamental recupera a segunda posición grazas a un solitario gol do seu dianteiro

G24.gal 16/11/2025 20:57

O Rácing de Ferrol sumou un triunfo que o devolve á segunda posición diante do Zamora de Óscar Cano (1-0). Chegou cun solitario gol de Antón Escobar que tirou proveito dun erro do porteiro visitante, Fermín Sobrón. 

Non foi o mellor partido do equipo de Pablo López que levou o dominio do partido no primeiro tempo. O Zamora tamén avisou cun remate do ex racinguista Kike Márquez pero foi no minuto 22 cando chegou o gol que serviu para lograr o triunfo. Miquel Parera estivo moi atinado baixo os paus do equipo verde e mesmo forzou a expulsión do dianteiro visitante Javi Carbonell, antigo discípulo de Pablo López no Ourense. 

O segundo tempo foi para esquecer. Houbo moi poucas ocasións cun Rácing que se adicou a controlar o partido. A diferenza mínima deixou incerteza ata o remate pero os puntos quedaron na Malata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade