O Arenteiro e o Lugo avanzan á segunda rolda
O Arenteiro e o Lugo avanzan á segunda rolda
Os do Carballiño derrotaron o Avilés en Asturias grazas a un gol de Marcos Alonso
O Lugo impúxose ao Antoniano (0-1) cun gol de Antonetti
O Arenteiro mantén o idilio coa Copa do Rei. Superou a eliminatoria diante do Avilés grazas a un gol marcado por Marcos Alonso no minuto 32 e estará no bombo o vindeiro martes coa ilusión de repetir enfrontamento diante dun equipo da Primeira División.
A grande actuación de Pablo Brea na portería, habitual suplente, facilitou o traballo. Tamén sería un partido máis doado si Juan Delgado chega a marcar un penalti no 40 do primeiro tempo, pero houbo que sufrir ata o final.
O Lugo acompañará ao Arenteiro nese sorteo logo de derrotar ao Antoniano andaluz por 0-1. Mereceu marcar moito antes pero tivo que agardar ao minuto 80 para que Leandro Antonetti acadara o único gol do encontro.