Medina Cantalejo: "Entendo que Rafa estea amolado cando as cousas non saen "

Mostrouse "moi satisfeito polo labor e o rendemento do equipo" de árbitros e destacou que "houbo un alto nivel de acerto"

G24.gal 22/11/2023 12:20 Última actualización 22/11/2023 16:32

O presidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA), Luis Medina Cantalejo, mostrouse este mércores "moi satisfeito polo labor e o rendemento do equipo" de árbitros e destacou que "houbo un bo desempeño nas áreas" e un "alto nivel de acerto" no primeiro terzo a tempada.

"Dixemos que a anterior tempada fora complicada e que o rendemento dos árbitros era mellorable, pero o que son estas xornadas estamos moi satisfeitos polo labor e o rendemento do noso equipo, admitindo que houbo erros, pero moitos acertos", afirmou.

Tamén contestoulle ao técnico do Celta

"Teño boa relación con Benítez. Incluso axudoume a explicarlle a outros adestradores os cambios de normas" 

"Entendo que estea amolado cando as cousas non saen ou entendes que hai terceiros que poden prexudicar"

Cantalejo compareceu para facer balance das arbitraxes no primeiro tramo da tempada e mantivo que "houbo un bo desempeño nas áreas, que só "houbo dúas mans erroneamente sancionadas tanto polo árbitro de campo como polo de VAR" e que "na área, que é a zona onde o árbitro ten que ter a determinación, está a funcionar ben, con moitísimo acerto", engadiu.

Sobre a relación cos adestradores.

"Os árbitros españois teñen un tremendo respecto polos adestradores desde as categorías máis pequenas".

"Ensínasenos a respectar aos xogadores e aos adestradores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar