Idiakez, convencido de que a desfeita de Irún foi un accidente

Foto @RCDeportivo
G24.gal 10/11/2023 15:58 Última actualización 10/11/2023 16:15

O adestrador do Deportivo, Imanol Idiákez, confía en que a desfeita de Irún (3-0) fose un accidente e que o seu equipo reverta a situación de fronte ao encontro deste sábado (19.00 horas, G2) ante a S. D. Logroñés.

O técnico falou da charla que tiveron no vestiario

"Temos unha relación sa. A autocrítica é necesaria e forma parte da aprendizaxe. Trátase de aprender do que pasou".

"Tivemos a sensación de baixar os brazos e a ensinanza do outro día axudaranos a que non pase".

Tamén insistiu en que o seu ánimo está por todo o alto.

"Eu síntome moi ilusionado, con ganas de gañar mañá, de que a afección marche de Riazor cunha alegría. Isto vén de comezar".

"Cando me desanimo miro a clasificación do Amorebieta do ano pasado e... mira o que queda".

O equipo branco e azul non ten marxe de erro e necesita atopar a regularidade antes de que sexa demasiado tarde. Idiakez citou para este encontro a 23 futbolistas con cinco fabrilistas para o Deportivo vs S. D. Logroñés. A gran novidade é a estrea de Kevin Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade