Folga indefinida no servizo de buses urbanos de Vigo

A metade dos buses non fixeron as súas rutas habituais

Os traballadores piden melloras laborais e nos soldos, conxelados dende hai tres anos

A empresa ofrece un calendario de xuntanzas e cualifica o paro de irresponsable

 

G24.gal 25/11/2023 14:44 Última actualización 25/11/2023 16:44

A metade dos buses que prestan o servizo urbano en Vigo non saíron hoxe a facer as súas rutas habituais, tras o inicio esta mañá da folga indefinida dos traballadores da empresa Vitrasa. Fontes sindicais valoraron positivamente o seguimento do paro e aseguran que só están operativos os servizos mínimos negociados.

Empresa e sindicatos mantiveron unha xuntanza onte que acabou sen acordo. Dende Vitrasa aseguran que se ofreceu un calendario de negociacións e cualifican a folga de irresponsable.

Mentres, os representantes dos traballadores sinalan a empresa por non presentar ningunha proposta concreta e reivindican a actualización dos seus soldos, conxelados dende hai tres anos, así como numerosas melloras nas súas condicións laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade