Falece un home en Lalín tras sufrir unha indisposición ao volante

O falecido, un home de 64 anos, ía acompañado da súa muller no momento do accidente

As primeiras análises indican que o home puido sufrir un infarto ou un ictus

G24.gal 24/11/2023 15:45

Estes venres faleceu un home de 64 anos en Lalín tras sufrir unha indisposición ao volante. Segundo informou o 061 Galicia, o suceso rexistrouse ás doce do mediodía en Pareizo, na estrada EP-6302 que conecta Lalín con Brántega.

O falecido ía acompañada da súa muller no momento do accidente, aínda que esta só sufriu feridas leves como consecuencia da saída da vía do coche. As primeiras análises indican que o home puido sufrir un infarto ou un ictus.

Ata o lugar do accidente trasladáronse efectivos do servizo municipal de Emerxencias de Lalín, unha ambulancia asistencial, o helicóptero do 061 con base en Santiago e axentes da Policía Local de Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade