España pode garantir o pase á semifinal da Liga das Nacións en Pontevedra

A selección feminina goleou a Suíza (1-7) e está a un triunfo de certificar o pase ás eliminatorias decisivas

G24.gal 31/10/2023 20:49

A selección española feminina terá a posibilidade de certificar o seu pase ás semifinais da Liga das Nacións na seguinte xanela de partidos. E o vindeiro compromiso será o que disputen en Pasarón (Pontevedra) diante de Italia o 1 de decembro. No caso de gañaren a Italia a clasificación sería matemática sen ter que agardar á última data diante de Suecia. 

O partido contra Suiza non fixo máis que reflictir a clara superioridade española. Con Tere Abelleira como directora de orquestra (repartiu dúas asistencias) España gañou por 1-7 con goles de Oihane Hernández (4'), Alexia Putellas (11' e 62'), María Méndez (56'), Athenea del Castillo (72' e 89') e Maite Oroz (93').

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade