España queda eliminada do mundial e agardará para ver se continúa a carreira olímpica

Perdeu contra os Países Baixos por 29-21 e non xogará os cuartos de final

A presenza no preolímpico está nas mans de Montenegro

G24.gal 10/12/2023 19:33

Rematou a participación da selección española feminina de balonmán no mundial. Perdeu ante os Países Baixos o segundo partido consecutivo (29-21) e non poderá meterse nos cuartos de final. 

España saíu ao partido consciente do moito que estaba en xogo, pero enfronte había un dos equipos máis potentes do mundo, que acabou por impoñer a súa lei. Despois duns primeiros minutos igualados, as xogadoras neerlandesas comezaron a marcar diferenzas e chegaron ao descanso gañando por 13-9. 

A volta dos vestiarios non foi a mellor de España, que logo estaba seis goles abaixo. Antes de chegar ao minuto 45, o resultado reflectía un contundente 22-13. Así se mantivo o marcador ata o definitivo 29-21, sen opcións para as españolas. A galega Alicia Fernández marcou dous goles, a xogadora do Porriño Paulina Buforn engadiu outros dous. 

A derrota non afasta a España do preolímpico. Agora queda nas mans de Montenegro; se o equipo balcánico se mete nos cuartos ou acaba no noveno posto, a selección de Ambros Martín accedería a unha das prazas adicionais para o torneo que se vai xogar en Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar