Ed Sheeran será o cabeza de cartel do Gozo Festival 2024

O artista británico actuará o 6 de xullo en Santiago de Compostela

G24.gal 01/12/2023 15:45

Ed Sheeran, que será o cabeza de cartel do Gozo Festival 2024, actuará no compostelán Monte do Gozo o 6 de xullo de 2024. O artista británico substitúe así a Robbie Williams e Martin Garrix, que subiron ao mesmo escenario o 8 de xullo de 2023 na primeira edición do festival, acompañados por artistas patrios como Iván Ferreiro ou Hombres G.  O artista británico sacou este mesmo ano o seu último álbum 'Autumn Variations'.

Así foi anunciado este venres na conferencia de prensa de presentación do festival polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o promotor musical Barnaby Harrod en representación de Live Nation e o director de Sweet Nocturna, David Lago,

Tras varias horas de especulacións, confirmouse a presenza do intérprete de 'Shape of You' en Santiago. Esta actuación súmase á súa xira 'Mathematics Tour' para a que só tiña prevista unha parada en España: o estadio Heliodoro Rodríguez López de Santa Cruz de Tenerife o 29 de xuño. 

Doce anos de éxitos

O inglés arrincou a súa carreira en 2011 co seu álbum debut '+', encabezado polo sinxelo 'The A Team', o cal estivo nomeado a un Grammy por canción do ano.

En 2014 lanzou o seu segundo álbum 'X', co que logrou alcanzar a primeira posición do Billboard 200 de Estados Unidos e para febreiro de 2016 vendera dez millóns de copias en todo o mundo.

A canción 'Thinking Out Loud', unha das máis populares do artista e incluída no disco, valeulle para conseguir os premios a canción do ano e mellor interpretación vocal pop solista nos Premios Grammy.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos