Dez goles apañados e doce puntos perdidos; ao Celta atragóanselle os últimos minutos
Dez goles apañados e doce puntos perdidos; ao Celta atragóanselle os últimos minutos
Os de Benítez levan cinco xornadas en descenso e na vindeira xornada xogan contra o Valencia
Doce puntos voaron da táboa clasificatoria celeste nos últimos dez minutos de partido. Desde a terceira xornada, cando Jude Bellingham marcou logo dun saque de esquina, o solpor dos partidos nos que xoga o Celta son o preludio dun pesadelo, como en Barcelona, onde os e Benítez chegaron a ter vantaxe de dous goles e acabaron perdendo. O último epílogo con final infeliz foi o do pasado venres en San Mamés.
Os números din que dos 25 partidos que aínda ten que disputar o Celta os vigueses necesitan gañar dez para ter opcións de salvación. Os de Benítez levan cinco xornadas seguidas en descenso e logo da pausa de seleccións, na que viaxan seis xogadores, o rival será o Valencia.