Comeza Fairway, o foro profesional do Camiño de Santiago

Estrean unha feira de emprego, con 200 entrevistas de traballo, autoemprego e orientación laboral

Hoxe é día de portas abertas con actuacións, obradoiros e actividades para toda a cidadanía

G24.gal 01/11/2023 14:56

Santiago máis ca nunca é o centro da ruta xacobea e todos os negocios que xiran arredor dela. No foro Fairway 80 expositores internacionais amosan todo tipo de produtos e servizos para o peregrino. De camas para albergues a roupa, pasando por bicicletas de alugueiro coma as deste mozo leonés que decidiu emprender no camiño.

"Alugamos bicis en todos os camiños, recollemos, levamos e equipamos bicicletas de todo tipo, facemos 3000 alugueiros cada ano", explica Francisco Román, de Bike León.

O Camiño tamén é o motor do negocio de David, un enxeñeiro químico que apostou polos freetours e hoxe conta cun total de 25 guías. 

"Eu viaxaba moito e caín na conta de que en Santiago non había freetours. Pareceume un nicho de mercado moi importante. Comezamos hai oito anos, e tivemos momentos duros pola pandemia, pero agora a verdade é que é unha gozada", comenta David Don, de We Galicia.

Precisamente súa empresa busca traballadores a aproveitan para facer entrevistas neste novo recuncho, o da feira de traballo. E para repoñer forzas, algún petisco do Camiño, como as filloas de Lestedo.

"Por Lestedo pasa a Vía da Prata, e temos unha ruta desde o Pico Sacro ata San Pedro de Vilanova onde vas camiñando rodeada de carballos, e despois comes unha filloa, claro".

É un foro profesional pero hoxe as portas se abren á cidadanía, con gastronomía, obradoiros de artesanía, e as actuacións de Quico Cadaval e Xabier Díaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade