Comerciantes e veciños do barrio coruñés do Ventorrillo tapian os baños públicos dun espazo de tendas

O espazo era usado como infravivenda por varios individuos que, contan os veciños, protagonizaban liortas e creaban conflitos constantemente

G24.gal 01/11/2023 12:31

Unha cadeira, un somier, un sofá e moito lixo. Non o parece, pero estamos dentro dun dos doce aseos públicos do centro comercial do Ventorrrillo, na Coruña. O espazo era usado como infravivenda por varios individuos que, contan os veciños, protagonizaban liortas e creaban conflitos constantemente. 

Colchóns, mobles, sofás, restos de comida, montañas de roupa e moito lixo, todo estaba dentro do baño vandalizado. Comerciantes e veciños, ante a posibilidade de que volva instalarse calquera noutro dos doce aseos do centro comercial, decidiron baleirar, limpar por completo e tapiar todos os baños.

José Manuel, que sufriu varios roubos no seu bar e foi atracado recentemente. Está pensando en pechar e recoñece que ten medo.

Varios dos baños xa quedaron tapiados pero, aseguran na zona, os locais, pechados na súa maioría, son tamén usados habitualmente como espazos para durmir e onde venden e consonen substancias ilegais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar