Ciberataques aos sistemas informáticos de hoteis de Pontevedra

A través dunha falsa reserva os piratas informáticos entran nos ordenadores dos establecementos e controlan as operacións que se realizan

G24.gal 15/11/2023 13:47

Hostaleiros de Pontevedra denuncian ciberataques aos seus sistemas informáticos. Detectaron estafas en dous hoteis de Vigo. A través dunha falsa reserva os piratas informáticos entran nos ordenadores dos establecementos e controlan as operacións que se realizan.

O seu obxectivo é conseguir as claves de acceso a plataformas como Booking e suplantar a identidade dos hoteis cobrando ilicitamente aos seus clientes. As estafas detéctanse cando os clientes chegan ao destino. Os hostaleiros fan un chamamento a extremar as precaucións. Son estafas moi elaboradas que ademais chegan en plena campaña de Nadal e que tamén poden producir duplicidade de reservas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade