Celta e Ensino xogan o primeiro derbi galego da temporada (sábado, 17:00 na G2)

Os dous equipos chegan cargados de moral despois de gañaren o domingo pasado

G24.gal 24/11/2023 21:00

O Durán Maquinaria Ensino, visita este sábado o Celta Zorka para disputar o primeiro duelo de rivalidade galega da temporada. Será ás cinco da tarde e poderemos seguilo pola G2 e G24.gal/deportes.

As viguesas volven disputar un derbi na elite e farano na súa pista, en Navia. O Celta só ten unha vitoria, a que acadou na última xornada ante o Barcelona, e o Ensino chega ao duelo con tres partidos gañados despois de oito xornadas disputadas, a última acadada o domingo pasado diante do Gran Canaria. Os dous equipos loitan por saír da zona baixa da táboa nunha xornada que estará enmarcada nos actos do 25 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos