Breogán e Obradoiro queren reencontrarse coa vitoria na casa
Breogán e Obradoiro queren reencontrarse coa vitoria na casa
Os lucenses queren acabar coa racha de seis derrotas seguidas fronte o Juventut (18:00 h, G24)
Os de Moncho Fernández recibe a un Baskonia en mala dinámica (domingo 12:00 h, G24)
Hai xornadas en vermello nunha temporada e, despois de seis derrotas seguidas, a desta tarde fronte o Joventut está marcada e subliñada para o Rio Breogán. Velkjo Mrsic recoñece que o equipo está sufrindo, que o nivel baloncestístico amosado o mércores en Alemaña é altamente mellorable e salienta ademais unha palabra chave, unión.
Con Polite e Sergi García entre algodóns e sen Frankamp, o Breogán recibe a un Joventut tamén atenazado polas lesións. Xogará en Lugo sen Feliz, Brodzianski e Tomic. Mañá xogará o Obradoiro. Moncho fernández agarda recupera a Jordan Howard, que tería enfronte ao seu irmán Markus. Coas habituais eivas no xogo exterior, os santiagueses queren propiciar a cuarta derrota seguida en liga do Bakonia dr Dusko Ivanovic
Unha capacidade que xa demostraron os vitorianos en Euroliga cunha vitoria de prestixio na cancha do Olimpiacos.