Benítez, "sorprendido polo ruído" das declaracións de Medina Cantalejo

Sobre se o obxectivo xa ten que ser a salvación:  "O Celta, nos últimos 5 anos, salvouse varias veces na última xornada. Non quería esta situación, témola"

G24.gal 24/11/2023 12:29 Última actualización 24/11/2023 17:07

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, non ocultou este venres a súa “sorpresa” polas declaracións do presidente do Comité Técnico de Árbitros da Federación Española (RFEF), Luis Medina Cantalejo, ao comparar os erros arbitrais cos dos futbolistas celestes Renato Tapia e Jorgen Strand Larsen.

O xefe dos árbitros afirmou, en referencia ao sucedido no partido entre o Celta e o Sevilla en Balaídos. 

“Benítez e algún outro se queixaron, e seguirá pasando. Igual que hai dianteiros que fallan catro ocasiones de gol diante da portería ou un mediocentro que se autoexpulsa no minuto 60 do partido. Por suposto que hai erros".

Unhas declaracións que sorprenderon o adestrador do Celta, que optou por non acudir á reunión dos árbitros cos adestradores celebrada en Madrid.

“Sorprendido por este ruído desta semana cando non tiñamos partido e estabamos simplemente traballando. Eu teño a experiencia de cando vou a reunións da UEFA dos árbitros e cando falo con Rosetti, xefe dos árbitros, e demais”, explicou.

Neste sentido, detallou que nesa reunión cos árbitros europeos analízanse “todas” as xogadas polémicas para atopar “un criterio” que axude logo aos colexiados “á hora de tomar decisións”.

“En ningún momento sinalamos se este árbitro é alemán, español ou inglés e equivocouse aquí ou fixo tal. Analizamos as xogadas desde o punto de vista profesional e buscamos criterios que sirvan para todo o mundo”, agregou.

Sobre se o obxectivo xa ten que ser a salvación, achegou esta reflexión.

"O Celta, nos últimos 5 anos, salvouse varias veces na última xornada. Non quería esta situación, témola".

"Non asumo que esa vaia ser a situación. Non me obsesiona a clasificación, non baixar os brazos é a nosa virtude".

Renato Tapia xa traballou co resto do equipo e viaxará a Valencia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar