Atopan o cadáver dunha muller con signos de violencia nun polígono industrial no Porriño

A vítima está aínda sen identificar 

Foi un transportista o que encontrou o corpo detrás dun contedor

Cadáver da muller atopada no Porriño e declaracións do alcalde Alejandro Lorenzo
G24.gal 23/11/2023 19:09 Última actualización 23/11/2023 23:39

A Garda Civil investiga a aparición do cadáver dunha muller oculto tras un contedor, preto das instalacións da ITV no polígono das Gándaras, no Porriño.  O corpo presenta indicios dunha morte violenta, aínda que están abertas todas as hipóteses e será a autopsia a que determine a causa exacta.

Segundo informaron fontes do instituto armado e do 112, foi un transportista o que atopou, sobre as 5 da tarde deste xoves, o cadáver agochado entre uns colectores e o muro dunha leira. O condutor e outros viandantes chamaron a Emerxencias e acudiron a pedir axuda a un taller próximo. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación. O equipo de criminalística do instituto armado inspeccionou a zona e recadou posibles probas coa axuda dun gran foco cando se fixo noite. Ademais, un dos carrís da estrada foi cortado ao trafico para facilitar ese labor.

A vítima, de entre 35 e 45 anos, está aínda sen identificar

O alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo tamén se desprazou ata o lugar onde apareceu o cadáver e dixo que agora hai que esperar o resultado das investigacións.

Lugar onde apareceu o corpo da muller Lugar onde apareceu o corpo da muller
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar