Atopan nun regato de Vilalba o corpo sen vida dun octoxenario

O home fora visto por última vez o venres

Agárdase o resultado da autopsia para descartar se puido ser un atropelo

G24.gal 21/11/2023 14:19

A Garda Civil investiga a morte dun octoxenario vilalbés localizado neste regato de Sancovade. O home vivía so e foi visto por última vez o pasado venres. Ao non saber del onte luns un familiar deu a voz de alarma e as forzas de seguridade iniciaron a súa busca.

Finalmente o corpo sen vida do ancián foi localizado nun pequeno regato que hai xunto á estrada que une as parroquias de Sancovade e Oleiros.

Á espera de que a autopsia determine as causas da morte a Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses, entre elas un posible atropelo dado que se trata dunha estrada estreita e sen iluminación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade