As cores tradicionais marcan a tendencia na decoración de Nadal

Repite como tendencia a decoración en azul ou rosa

G24.gal 17/11/2023 21:26 Última actualización 17/11/2023 21:38

Os quebranoces están a gañarlle espazo a Papá Noël na decoración de Nadal, que este ano compiten tamén coas figuriñas de galletas de xenxibre.

Telmo Rodríguez, responsable da tenda Leo& Kross, explícanos que o vermello, o dourado ou o verde triunfan todos os anos,  mentres que as tendencias como o Nadal azul ou rosa non se repite. Íñigo Andonegui, encargado de Pipa&Mima, engade que recentemente se incorporaron elementos anglosaxóns como as galletas de xenxibre ou os soldados quebranoces.

Entre os obxectos preferidos están os que teñen luces e movemento, dende trens ou vilas en miniatura ata noras e fontes. Para Andonegui, o Nadal permite ser excesivo e coa decoración tradicional pódese aumentar todos os anos a colección. Moitos consumidores comezan facer estas compras xa en outubro, como relata Rodríquez, na súa tenda xa hai obxectos esgotados.

Aínda queda máis dun mes para o Nadal e tempo suficiente para escoller como queremos decorar as casas para as festas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos