As bacterias resistentes causarán 20.000 mortes en España este ano

Representan un gran problema de saúde pública e están relacionadas co abuso de antibióticos

España lidera a redución do uso de antibióticos en veterinaria

G24.gal 26/11/2023 13:09 Última actualización 26/11/2023 13:49

O mal uso dos antibióticos axudou a crear superbacterias, resistentes a uns fármacos que cada vez son menos eficaces para combatelas. Así, repuntan enfermidades como a tuberculose e outras como a cistite poden ser mortais.

Os últimos estudos indican que este ano morrerán 20.000 persoas en España por causa destas bacterias resistentes. 

"As pneumonías son as que supoñen máis mortalidade, pero as máis frecuentes por bacterias multirresistentes son as infeccións de tracto urinario, algo tan común como unha cistite no caso das mulleres, pois esas infeccións son altamente mortais, e a protagonista é unha bacteria tan coñecida como a Escherichia coli".

As Nacións Unidas consideran que as infeccións que non responden aos tratamentos poderían converterse na primeira causa de morte no mundo dentro de 25 anos. Pero non todo son malas noticias. 

"A boa noticia, eu falo desde a Facultade de Veterinaria, é que este ano se declarou que España foi o país que máis reduciu o emprego de antibióticos na medicina veterinaria, o número un na Unión Europea, e o terceiro na medicina humana".

A ciencia segue buscando como combater esas superbacterias. Tamén desde Galicia. Varios grupos de investigación da Universidade de Santiago procuran vacinas e outras alternativas aos antibióticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade