Alfonso Rueda avoga pola promoción pública de vivendas para o alugueiro

O presidente da Xunta participou este luns na Coruña na entrega de 40 vivendas do Xuxán

G24.gal 27/11/2023 16:18

A Xunta entregou este luns as primeiras 40 vivendas de promoción pública das que se van construír no barrio coruñés de Xuxán. O presidente Alfonso Rueda destacou que no 2024 van destinar 56 millóns de euros a vivenda protexida para alugueiro en Galicia.

Rueda asegurou que prevé superar as 5.600 vivendas de promoción pública en Galicia nos próximos cinco anos e engadiu que a fórmula preferente será o alugueiro fronte á venda, porque ve máis demanda do primeiro.

En resposta aos medios, Rueda asegurou que nos próximos cinco anos espera contar na área da Coruña con 1.600 inmobles similares máis.

Afirmou que as persoas solicitantes deste tipo de vivendas pide alugueiro, e "imos apostar por el basicamente", dixo.

Con todo, matizou que "isto non quere dicir que se refugue a posibilidade de venda" para novas iniciativas dentro dun programa global que a Xunta cifra en 55 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade