Os bombeiros liberan dúas persoas atrapadas no coche tras envorcar na AP-9

O vehículo deu varias voltas de campá e quedou enriba do gardarraíl á altura da parroquia viguesa de Cabral

Os servizos de emerxencia co coche accidentado. EFE/Sxenick Os servizos de emerxencia co coche accidentado. EFE/Sxenick
G24.gal 10/12/2023 13:49 Última actualización 10/12/2023 14:17

Os servizos de emerxencias auxiliaron este domingo dúas persoas que envorcaron nunha saída de vía na AP-9 en Vigo.

Segundo informa o 112, o accidente produciuse ás dez da mañá entre os quilómetros 156 e 157 da autoestrada, ao seu paso pola parroquia de Cabral.

Tras dar varias voltas de campá, o coche quedou enriba do gardarraíl e as dúas persoas que ían dentro non eran capaces abandonalo polos seus propios medios.

Os bombeiros de Vigo liberáronas tras forzar a porta, aínda que non foi necesario empregar material de excarceración.

EFE/Sxenick EFE/Sxenick
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade