A TVG, líder absoluta en Galicia, segundo o EXM

A televisión pública supera en sete puntos o seguinte competidor (Antena 3), cun 40 % máis de audiencia na media do día

 TVG é líder en todas as franxas e períodos que mide o Estudo Xeral de Medios, tanto de luns a venres como de luns a domingo e tanto no ano móbil como na última onda

G24.gal 30/11/2023 09:52 Última actualización 30/11/2023 15:04

Cun 20,8 % a TVG volve ser líder absoluta de audiencias en Galicia e tamén repite como a canle autonómica máis vista de España. A televisión pública supera en sete puntos o seguinte competidor (Antena 3), cun 40 % máis de audiencia na media do día.

O liderado intensifícase nos informativos. Destaca a franxa de mediodía, que supera nalgúns o 47 %, en que os espectadores do Galicia noticias e o Telexornal representan case a metade dos consumidores totais de televisión a esa hora e triplican a cifra do seguinte competidor (Antena3).

Destacan tamén as franxas do Bos días (que chega a 27,8 %), A revista (que chega a 26,5%) e Telexornal 2 (que chega a 26,5%).  TVG é líder en todas as franxas e períodos que mide o Estudo Xeral de Medios, tanto de luns a venres como de luns a domingo e tanto no ano móbil como na última onda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar