A ponte vén con moita auga

As predicións marcan a entrada, o mércores pola tarde, dunha fronte asociada a unha borrasca profunda relativamente próxima a Galicia

G24.gal 04/12/2023 14:30

A entrada dunha nova fronte o mércores traerá auga de mércores a domingo.

As predicións marcan a entrada, o mércores pola tarde, dunha fronte asociada a unha borrasca profunda relativamente próxima a Galicia. 

Vai ser unha fronte activa con ventos fortes tanto en terra como en mar e con chuvias localmente fortes que deixarán acumulacións importantes, di Carlos Otero, de Meteogalicia.

Galicia quedará na influencia das baixas presións atlánticas, polo cal, a probabilidade de precipitacións será elevada durante a ponte. De feito, Meteogalicia indica que o mércores, primeiro festivo, as probabilidades de que chova son do 70 %. Pero hai que ser prudentes porque aínda quedan tres días.

Haberá chuvia intensa con máis de 15 litros nunha hora e posiblemente superaremos os 40 litros en 12 horas en moitos puntos, din en Meteogalicia.

Así que, non defraudaremos os que veñen buscando esa imaxe da Galicia mollada e chea de paraugas.

E se alguén precisa consolo, que saiba que canda a chuvia vén unha suba das temperaturas, que terán valores máis altos do habitual a principios de decembro.

Aínda que, ben mirado, hai cousas máis importantes. "Como haxa un pouco de saúde o demais é igual", di este santiagués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade