A Policía de Lugo localiza un neno de 6 anos sen escolarizar na casa dos seus avós

Os axentes deron conta da situación ao servizo de Menores da Xunta e aos Servizos Sociais

G24.gal 10/11/2023 12:33

A Policía Local de Lugo informou a Xunta tras localizar un neno de 6 anos na casa dos seus avós e comprobar que o menor non estaba escolarizado en ningún centro.

Segundo informou, na mañá deste xoves, uns veciños chamaron ao 092 tras escoitar berros nunha vivenda. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, que puideron atribuír os berros ao tropezo cun vaso que caera ao chan e rompeu.

Os axentes preguntaron por que o neno non se atopaba no colexio, ao que os seus avós contestaron que "dubidaban entre dous centros educativos" da cidade.

Despois de comprobar que o neno non está matriculado en ningún dos dous centros, os axentes deron parte ao Servizo de Menores da Xunta e aos Servizos Sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade