A galega Alicia Fernández ilusiónase coas medallas no Mundial

España debuta este serán contra Kazaxistán

G24.gal 29/11/2023 13:52 Última actualización 29/11/2023 13:57

Hoxe comeza o mundial de balonmán feminino, que se disputa en Dinamarca, Noruega, e Suecia. Temos aí unha galega, Alicia Fernández, unha das xogadoras máis importantes da selección española

"Todas vimos coa ilusión dunha medalla".

"Estamos para competir e a ver onde podemos chegar".

Trátase dun equipo renovado que abre unha nova etapa con Ambros Martín como seleccionador.

España debuta este serán contra Kazaxistán. As outras rivais do grupo son Ucraína e Brasil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos