A folga do autobús urbano en Vigo deixa longas esperas nas paradas e centos de usuarios sen servizo

 É a terceira xornada do paro indefinido convocada polos traballadores

O conflito entre a empresa concesionaria Vitrasa e os traballadores dura xa máis de dous anos

G24.gal 27/11/2023 14:17

Os usuarios agardan nas paradas logo de que os traballadores de Vitrasa endureceran as protestas cunha folga indefinida que afecta a centos de cidadáns. 

O conflito entre a empresa concesionaria Vitrasa e os traballadores dura xa máis de dous anos. Durante todo este tempo, os cidadáns veñen padecendo xornadas de folga e paros intermitentes.

A situación complícase aínda máis pola anulación das paradas situadas nas rúas cortadas ao tráfico polos adornos de Nadal. 

É a terceira xornada de folga convocada polos traballadores, que piden mellorar as súas condicións laborais. A empresa reclama ao Concello as perdas económicas pola irrupción da pandemia para reequilibrar as contas e pide a desconvocatoria do paro. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade