A falta de Goberno causa atrasos en importantes obras como o Corredor Atlántico

Obras para adaptar os tramos ao corredor europeo

O traxecto ferroviario entre Monforte e Ourense seguirá sendo en autobús ata abril

 

G24.gal 02/11/2023 14:53

O parón de investimentos á espera de formar goberno xunto cos atrasos nos traballos está a pospoñer importantes obras como o Corredor Atlántico.

"Os prazos sempre se alongan e debería ser ao revés. Aquí ían ser seis meses e imos para un ano e aínda quedarán outros seis meses seguramente".

Relata a situación de Monforte, un dos numeros concellos galegos afectados. 

"Faise eterno, ela vai para Madrid e ten que coller un autobús".

"Dáme a impresión de que non se están a ofertar as mesmas prazas  no autobús ca no tren", sinala Mario López, membro da Plataforma en Defensa do Ferrocarril de Monforte de Lemos.

A conexión con Ourense faise en autobús dende hai case un ano e os prazos esténdense agora ata abril coas incomodidades que iso supón.

"Baixar as maletas nun sitio e poñelas noutro é a incomodidade".

"Dixéronme que viña unha persoa a buscarnos ao bus e nos levaba ao tren. Se non tes esa asistencia é moito máis difícil porque a xente pérdese".

Son obras para adaptar este tramo ao corredor europeo e ata que non se rematen estas quedan pendentes outras como a liña do Miño.

"Nós que pasamos pola estrada asiduamente cara a Ourense as obras que están facendo son incribles".

Case 200 millóns de euros relacionados co Corredor Atlántico e o ferrocarril seguen á espera de que o Adif e o Goberno central poidan licitalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade