A construción naval galega remata o 2023 coa mellor marca da última década

Os estaleiros están ao 80 % da súa capacidade produtiva, con máis dunha vintena de buques contratados desde xaneiro

G24.gal 28/11/2023 14:23

Logo de anos de preocupación o naval galego vive un momento doce cunha carteira de pedidos que representa máis do trinta por cento do total do sector a nivel do Estado.

Por volume na ría de Vigo o estaleiro Armon situase á cabeza, con buques oceanográficos e de investigación. Tamén Freire ocupa un lugar destacado con iates de luxo na súa carteira. Coa innovación e a modernización como bandeira en Marín a gradas de Nodosa rozan o cen por cento da súa actividade na reparación e construción de buques.

Os armadores internacionais engordan a carteira de pedidos do naval en Galicia que pecha o 2023 con máis dunha vintena de contratos que superan os mil millóns de euros. 

A formación para incorporar profesionais cualificados é un dos retos do sector que ten garantida a carga de traballo para o 2024 e negocia novos contratos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos