Cargando resultados...
Ramón Mariño: "Nos 90 aparecen os fanzines no rural galego para falar de problemáticas ecolóxicas"
Ramón Mariño: "Nos 90 aparecen os fanzines no rural galego para falar de problemáticas ecolóxicas"
Os primeiros fanzines trataban de ciencia ficcción, pero despois pasaron a temas como o feminismo, a política ou o medio ambiente
Os fanzines galegos estaban publicados maioritariamente en galego e trataban temas da contorna dos creadores
O ensaio repasa as características as orixes dos fanzines e a historia dos fanzines galegos desde os anos 70
G24.gal
20/11/2023 14:36
Última actualización 20/11/2023 16:46
O fanzine galego é o facho ardente na noite escura, a chama que ilumina o camiño da creatividade sen amarras. Hoxe no Zigzag falamos de fanzines, "os calados compañeiros das almas inxustizadas", segundo di Ramón Mariño na contracapa deste libro, do que é autor: Fanzines en Galiza. Unha breve historia da autoedición galega (Laiovento).