'Neveira' para o árbitro e o VAR do Leganés-Rácing de Ferrol

O CTA considera un erro grave o penalti sinalado

G24.gal 27/11/2023 15:59 Última actualización 27/11/2023 16:24

O colexiado asturiano Miguel González Díaz e Raúl Martín González Francés, que estaba no VAR, pasarán un tempo na 'neveira'. O Comité Técnico de Árbitros considera como erro grave o penalti que sinalaron no encontro entre o Leganés e o Rácing de Ferrol da pasada fin de semana.

Deste xeito, non pitarán nin na próxima xornada de Liga nin na seguinte eliminatoria da Copa do Rey. O CTA considera que houbo un dobre erro na acción en que o xogador pepinero cae na área, unha xogada que acabou en penalti a favor do equipo madrileño.

Primeiro, porque sinala a pena máxima e, despois, porque lle chaman do VAR, xa que pensan que é vermella. O árbitro, tras revisar a acción no monitor, onde puido ver que o contacto é moi leve, non corrixe a súa decisión, senón que, ao ser o último home, expulsouno.

A xogada en cuestión sucedeu no minuto 29. Dani Raba caeu na área ante David Castro nunha falta moi protestada polos visitantes, un leve toque co brazo que terminou con expulsión do propio Castro por ser o último home. Co 1-2 anotado de penalti por Neyou, despois, e xa cos galegos cun menos, chegaría o 2-2 definitivo obra de Diego García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos