Repartimento de puntos no derbi da 2ºRFEF

Ourense e Pontevedra empataron nun partido sen moito brillo

Os locais seguen líderes e os pontevedreses, segundos, a expensas do que faga o Zamora

G24.gal 09/12/2023 17:18

Ourense e Pontevedra chegaban ao derbi na loita polo liderato. Rufo, no comezo do encontro, tivo a oportunidade máis clara, pero o seu remate marchou ao lateral da rede. Co paso dos minutos, pasou a trabarse e chegou a polémica. Andrada impactou coa man e logo co cóbado na cara de Evanilson, pero o colexiado saldou ambas accións con cartón amarelo. Xulguen vostedes. 

Na segunda metade, o partido seguiu falto de ritmo. Foron os pontevedreses quen máis opcións tiveron de desnivelar a balanza, pero non foron quen de acertar na definición. Os locais parecía que daban por bo o resultado. Chiqui, cun bo disparo, puxo a proba a Maqueta, quen rexeitou o disparo.

Con este resultado, os ourensáns seguen na cabeza da táboa. O Pontevedra é segundo a dous puntos do Ourense. Ambos pendentes do que faga mañá o Zamora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos