Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Eimil, primeira fichaxe do Pontevedra no seu regreso a Primeira Federación

Víctor Eimil, primeira fichaxe do Pontevedra no seu regreso a Primeira Federación

O de Vilalba regresa a Galicia tras o seu paso durante as últimas dúas tempadas pola Real Unión de Irún

Foto Pontevedra Foto Pontevedra
G24.gal 12/06/2025 17:05 Última actualización 12/06/2025 17:15

Víctor Eimil é novo xogador do Pontevedra no seu regreso a Primeira Federación. O canteirán do Deportivo regresa a Galicia tras o seu paso durante as últimas dúas tempadas pola Real Unión de Irún. Desde que deixou o Fabril, pasou polo Arenteiro e polo Hércules.

O de Vilalba despediuse a través das súas redes sociais da afección irundarra tras un curso difícil que acabou co descenso do club a Segunda RFEF.

"Gustoume despedirme con esa permanencia que tanto mereciades, pero á vez fágoo feliz e orgulloso de formar parte deste gran club", expresou nun comunicado.

Agora enrólase no novo proxecto granate encabezado por Rubén Domínguez, novo adestrador tras a saída de Iago Iglesias, con quen logrou a promoción. Un que non continuará en Pasarón será o tamén exdeportivista Héctor Hernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade