O Dépor ABANCA non pode co Barcelona B (0-0)

As de Irene Ferreras tiveron varias ocasións para gañar no tempo engadido

G24.gal 18/11/2023 14:54

O Deportivo ABANCA non puido esta mañá co filial do Barcelona en Abegondo. O resultado foi de empate a cero, aínda que houbo ocasións para variar o resultado inicial. 

Na primeira metade o Barcelona B foi moi superior ao conxunto braquiazul e mereceu algún gol. As deportivistas melloraron no segundo tempo, no que tiveron oportunidades para levar os tres puntos. A máis clara chegou cos 90 minutos cumpridos, cun testarazo de Ainhoa Marín que golpeou contra o longueiro. É o primeiro empate do equipo de Irene Ferreras logo dunha serie de sete vitorias e unha derrota.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar