Alberto Meira arrasa no Rally Ribeira Ría de Arousa 2023

O piloto de Vincios levou os nove tramos disputados e venceu cunha marxe de máis de un minuto sobre o segundo

Esta proba supón o final do Campionato Galego de Rallys, xa decidido antes desta proba, que deixa a Víctor Senra como campión

G24.gal 19/11/2023 16:28

Alberto Meira imponse con claridade no 3.º Rally Ribeira Ría de Arousa a pesar de non ter opcións de conquistar o título de campión galego, xa en mans de Víctor Senra. O piloto pontevedrés gañou as tres últimas probas desta edición do Campionato Galego de Rallys 2023 e venceu ademais en todos os tramos disputados nesta última proba.

O rally disputouse entre o sábado 18 e o domingo 19 de novembro, tivo 151 participantes e durante o seu transcurso 39 pilotos víronse obrigados a retirarse.

Tras disputárense nove dos dez tramos, posto que a que iba ser a cuarta etapa non puido disputarse, a clasificación final déixanos nos catro primeiros postos a Alberto Meira (1:09:06.195), Iago Caamaño (1:10:18.029), Alexis Viéitez (1:14:12.908) e Jorge Pérez (1:15:27.219).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade