Mar

15/08/2022 17:58
4.000 familias viven do marisqueo en Galicia
Cada verán baixan os seus ingresos polo "furtivismo de traxe de baño"

As familias do Pitanxo séntense decepcionados seis meses despois da traxedia
15/08/2022 14:23
Critican a xestión do Goberno sobre o accidente e a negativa a baixar ao pecio

Os armadores piden axudas para despezar os barcos que non son rendibles
12/08/2022 15:04
Piden que os fondos pesqueiros FEMPA destinen unha partida ao despezamento
Solicitan tamén que eses barcos poidan vender a súa cota á frota en activo

Alarma pola escaseza de marisco na ría de Arousa
11/08/2022 14:51
As capturas de berberecho e ameixa caeron en 2021 máis do 50% sobre a media histórica
O cambio climático é o principal sospeitoso polo quentamento da auga e a proliferación de algas
O sector pide estudos científicos que expliquen o declive produtivo na ría

A Xunta critica a exclusión dos PERTE do sector mar-industria
10/08/2022 16:20
A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar a decisión de excluír ao sector do acceso aos fondos europeos

A pesqueira do polbo dá mostras de recuperación
09/08/2022 14:51
No mes que leva aberta a campaña, Bueu capturou uns 1.000 quilos diarios

Bonito, arte e artesanía en Burela
05/08/2022 20:58
Esta fin de semana Burela celebra a súa feira máis popular

O sector bateeiro consegue o 80 % das axudas para impulsar a acuicultura sustentable
03/08/2022 13:03
A Xunta destinará máis de 4,5 millóns ao sector, segundo confirmou Rosa Quintana

Pechadas ao marisqueo por toxina a zona I da ría de Muros-Noia e a Ares II
03/08/2022 11:29
Na ría de Muros-Noia hai agora dous polígonos pechados, a zona II xa fora clausurada o pasado 12 de xullo
Na ría de Pontevedra permanecen pechadas desde o mes de xullo as zonas I e IV, así como a subzona II.1 da ría de Vigo
Están pechados o 60 % dos polígonos de mexillón de Galicia

Sae de Odesa o primeiro barco con cereal ucraíno, tras o bloqueo de Rusia
01/08/2022 10:18
A viaxe realízase no marco do acordo asinado o pasado 22 de xullo en Istambul entre Moscova, Kiev, Ankara e as Nacións Unidas, para que Rusia permitirse saír os cereais
Turquía confirmou que o buque xa partiu rumbo Istambul, onde será inspeccionado polo centro de coordinación establecido polos tres países e a ONU