Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. resiste ao asedio final do Nástic no Couto (2-1) e sae do descenso

O Ourense C. F. resiste ao asedio final do Nástic no Couto (2-1) e sae do descenso

O equipo galego adiantouse cos goles de Fullana e Carbonell

Logo de acurtar diferenzas, o Nastic dominou, pero Marqueta salvou os seus

G24.gal 22/02/2025 18:01

O Ourense C. F. acadou un triunfo importantísimo diante dun candidato ao ascenso, que foi superado polos ourensáns ata a hora de xogo, e despois topou cun gran Marqueta.

Logo duns minutos de tenteo, o Ourense C. F. adiantábase no marcador nunha das disciplinas que máis domina, o balón parado, Non chegou o gol directamente no saque do curruncho pero, despois do despexe, a segunda acción caeulle a Fullana na esquerda. O centrocampista trazou unha diagonal para aplicarlle por baixo a lei do ex ao Nástic. 1-0 e só ían disputados seis minutos.

Pero o Nástic é un rival duro, e evidenciouno nos seguintes minutos con dous centros perigosos á área. Primeiro deles cabeceouno arriba Pablo Fernández. O segundo rematouno Antoñín, e respondeu Marquta cun paradón que repeleu o traveseiro.

No treito final do primeiro tempo, e despois deses dous sustos, o Ourense C. F. volveu coller o dominio do partido, con senllos remates de Hugo Sanz e Jerín, pero sen mover o marcador ata o descanso.

Na segunda metade, a primeira grande ocasión foi do Ourense, nunha boa contra na que Fullana acabou rematando desviado un centro de Hugo Sanz. E, doutra boa acción desde a esquerda, desta volta comezada por Ángel Sánchez, saíu un centro de Hugo Sanz que Carbonell, nunha posición protestada polos cataláns, converteu no 2-0.

Parecía que o partido estaba encarreirado, pero o Nástic tardou so tres minutos en acurtar diferenzas cunha chilena de Antoñín. O gol foi tan fermoso como importante no encontro. O Nástic fíxose co control do partido, e creou unha manchea de ocasións de igualar o partido. Pero Marqueta emerxeu como salvador do seu equipo, que mantiña a vantaxe con problemas mentres pasaban os minutos. Co asubío final do árbitro confirmouse un importante triunfo, que saca momentaneamente ao Ourense dos postos de descenso da primeira RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade