Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un atropelo masivo na previa do Español - Barcelona case acaba en traxedia

Un atropelo masivo na previa do Español - Barcelona case acaba en traxedia

Un coche apareceu nunha zona prohibida ao tráfico e pasoulle por riba á multitude que agardaba entrar no RCDE Stadium

G24.gal 15/05/2025 22:38

Un coche a piques estivo de converter en traxedia a previa do Español - Barcelona. O vehículo lanzouse contra a multitude na previa do partido e deixou varios feridos preto do estadio. O coche estaba nunha zona non autorizada e, segundo varias testemuñas, atropelou a unha persoa. Os seareiros comezaron a increpala polo acontecido e a conductora reaccionou acelerando durante varios segundos. A muller que levaba o coche está detida e pasando probas de drogas e alcohol. 

A cifra definitiva de feridos é de trece. Nove deles de carácter leve e catro con consencuencias un pouco máis graves. A peor parada foi unha persoa que sufriu unha fractura de fémur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade