Cargando resultados...
O Celta Fortuna comeza a final polo ascenso a Segunda en Ponferrada (18:30h, TVG)
É a primeira vez que o filial do Celta disputa a última eliminatoria polo ascenso ao fútbol profesional
G24.gal
13/06/2026 12:01
Fredi leva todo o equipo a Ponferrada. Todos involucrados na eliminatoria definitiva, que será dura. O Celta Fortuna non se ve favorito.
A xuventude e afouterza do Fortuna contra a veteranía e combatividade da Ponferradina, o estilo incuestionable de Mehdi Nafti.
A eliminatoria ten un claro compoñente emocional.
A canteira do Celta está a dous partidos dunha temporada histórica. O primeiro, este sábado as seis e media, na Televisión de Galicia.